Author: c01d4m0s_d3v_wp

O diagnóstico dunha enfermidade crónica é un momento complicado na vida de calquera paciente. Co envellecemento progresivo da poboación, atopámonos con cifras cada vez máis elevadas de persoas que ven obrigadas a convivir cunha doenza deste tipo. Tanto é así, que segundo datos de Thyssenkrupp...

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), as caídas son a segunda causa mundial de morte por traumatismos involuntarios. Calcúlase que anualmente falecen en todo o mundo unhas 684 000 persoas debido a caídas e que máis dun 80% delas rexístranse en países de ingresos...

Dende Cruz Vermella e a nosa web Coidamos queremos unirnos hoxe 26 de Xullo á celebración do Día dos Avós e Avoas como día conmemorativo dedicado ás persoas maiores dentro da familia, que complementa ao Día da Nai e ao Día do Pai. Esta xornada...

A época estival pode ser perigosa particularmente para as persoas maiores ou persoas con dependencia xa que son especialmente vulnerables aos efectos da calor. Durante o verán, os adultos maiores corren un maior risco de padecer enfermidades relacionadas coa calor, como o esgotamento por calor e a insolación, unha afección potencialmente mortal. Afortunadamente, seguindo unhas sinxelas precaucións e coñecendo os riscos asociados á calor e ás persoas maiores, a protección frente ao calor é doada. Cales son os síntomas do golpe de calor? Sudoración intensa, pel pálida, fría e húmida, cambras musculares, pulso rápido e debilitado, fatiga, náuseas ou vómitos, dor de cabeza e desmaio.

A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG a orde pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras, para o...

Cuidopía é un programa social para apoiar e visibilizar a importancia dos cuidados e as personas que coidan a través da formación en coidados, a divulgación sobre o valor dos coidados e ferramentas útiles para as persoas coidadoras.  A súa páxina web é https://cuidopia.es A través do...

A relación entre as persoas que coidan e as que son coidadas é na vida unha das máis estreitas relacións humanas. Esta relación pode volverse difícil xa que nas relacións baseadas principalmente en dar e recibir coidados pode xerarse unha dependencia por parte da persoa coidada cara á coidadora. A primeira necesita cubrir unha serie de necesidades que a persoa coidadora lle dispensa, necesidades que en por si non podería levar a cabo na súa vida cotiá por ter a súa capacidade funcional, física ou psíquica mermada, e é neste punto onde existe a posibilidade de que apareza a dependencia. O día a día produce unha serie de rozamentos e tensións, por iso, o ambiente de respecto na relación pode verse alterado gravemente co cal hai que estar preparado e concienciado para afrontar estas situacións. Como persoas coidadoras, un dos indicadores relativamente sinxelos de detectar á hora de realizar un exercicio  de autocrítica no noso labor, son as microviolencias. Consisten en pequenos hábitos, estratexias, costumes, respostas e accións que provocan no outro sentimentos de dor, rexeitamento e, a longo prazo, deterioración da saúde física e mental. Unha relación de necesidade, en ocasións, transfórmase nunha relación de poder e control, a cal dexenera a sa relación natural que sería desexable entre persoa coidadora e coidada, aínda mais grave é o carácter silencioso e reiterado destas microviolencias, silenciadas polo contexto no que se desatan (a intimidade da relación, o fogar, etc...), e sobre todo e especialmente perigoso é o carácter naturalizado destas prácticas unha vez que se lexitimaron, é dicir, ven como correctas e xustas practicándose con normalidade.

Cruz Vermella leva a cabo acciones de sensibilización como a posta en marcha da campaña ‘Aínda que non o saibas, tamén é mal trato’, coa que se pon o foco naqueles comportamentos e actitudes que supoñen un atentado contra a dignidade e os dereitos das persoas maiores. Con esta iniciativa convídase á reflexión da poboación e promóvese un marco de convivencia positivo cara ás persoas maiores, así como poñer en valor o rol que cumpren na nosa sociedade e todo o que achegan. Dentro da campaña, Cruz Vermella creou un decálogo con pautas e consellos para promover o bo trato ás persoas maiores.  Se queres coñecer máis sobre o bo trato ás persoas maiores, accede a https://www2.cruzroja.es/documents/5640665/13666798/Buen+trato+a+personas+mayores.pdf/dca23d30-318c-4c3f-096f-91a82a004d6b?version=1.0&t=1562841211399&download=true