Prevención do golpe de calor en personas maiores e/ou con dependencia: consellos útiles

Prevención do golpe de calor en personas maiores e/ou con dependencia: consellos útiles

A época estival pode ser perigosa particularmente para as persoas maiores ou persoas con dependencia xa que son especialmente vulnerables aos efectos da calor. Durante o verán, os adultos maiores corren un maior risco de padecer enfermidades relacionadas coa calor, como o esgotamento por calor e a insolación, unha afección potencialmente mortal. Afortunadamente, seguindo unhas sinxelas precaucións e coñecendo os riscos asociados á calor e ás persoas maiores, a protección frente ao calor é doada.

Cales son os síntomas do golpe de calor? Sudoración intensa, pel pálida, fría e húmida, cambras musculares, pulso rápido e debilitado, fatiga, náuseas ou vómitos, dor de cabeza e desmaio.

Por que a calor afecta máis as persoas maiores? 

  • A capacidade de suar diminúe coa idade. Os adultos maiores producen menos suor porque os seus corpos reteñen menos auga, e a menor cantidade de suor dispoñible tradúcese nunha menor capacidade de arrefriado por evaporación.
  • Moitas persoas maiores teñen problemas de saúde subxacentes que lles fan menos capaces de tolerar a calor. A deterioración da función cardiovascular pode dificultar a regulación da temperatura interna do organismo, xa que os vasos sanguíneos son os condutos de calor do corpo. Cando o sistema cardiovascular está deteriorado, pode ser difícil para o corpo transmitir a calor á superficie para a súa disipación.
  • Algúns medicamentos que toman as persoas maiores poden contribuír á deshidratación. Moitos dos medicamentos que tratan as enfermidades cardíacas, as afeccións renais e a presión arterial teñen efectos diuréticos, é dicir, fan que o corpo expulse auga e sal a través dos ouriños. O noso corpo utiliza os sales como electrolitos e, sen unha reposición adecuada, o organismo permanece deshidratado.
  • As persoas maiores poden non sentir a necesidade de beber e esquecerse de hidratarse. Estar ben hidratado é clave para manter unha función corporal e cognitiva óptima, e cando se está deshidratado, a deterioración cognitiva e a debilidade física poden perpetuar o ciclo de consumo insuficiente de auga.

 

Que facer en caso de esgotamento ou golpe de calor?
Si observa que a persoa presenta algún dos síntomas mencionados anteriormente, siga estes consellos para reducir unha situación perigosa relacionada coa calor:

  • Refrésqueo. Léveo a unha zona fresca e póñalle comprimidas frías no pescozo, a cara e a cabeza.
  • Quítelle a roupa. Quítelle os calcetíns, os zapatos ou calquera cousa que poida facerlle sentir máis calor.
  • Proporcione auga fría. Anímalle a beber sorbos a intervalos regulares.
  • Busque axuda si é necesario. Solicite asistencia médica si os síntomas empeoran ou non remiten.

 

Pode atopar máis información no seguinte enlace de SerCuidadorA, a multicanle de Cruz Vermella dirixidas ás persoas coidadoras:

https://www2.cruzroja.es/-/sercuidadora-consejos-estacionales

 

Fonte orixinal: Heat and Elderly People: 7 Easy Tips to Avoid Heatstroke and Heat Exhaustion. Dispoñible en: https://www.aplaceformom.com/caregiver-resources/articles/tips-to-avoid-heat-stroke