Coa campaña de sensibilización #SerMaiorÉOMáis Cruz Vermella quere transmitir o que as mulleres e homes maiores achegan á sociedade grazas aos seus anos de experiencia. Porque ser maior é moito máis que ter unha idade, é seguir contribuíndo e ensinándonos cada día.
A campaña enmárcase dentro...
No Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Malos tratos na Vellez que se celebra hoxe, 15 de xuño, Cruz Vermella pon en marcha a campaña "Bo Trato ás persoas maiores: Promoción do trato adecuado e protección fronte aos malos tratos"
A entidade, no último...
SerCuidadorA, a multicanle de Cruz Roja Española con contidos dirixidos a persoas coidadoras, ven de publicar un díptico que recolle consellos para fomentar o bo trato dirixido ás persoas maiores que necesiten apoio ou coidado.
Se queres consultar o documento completo ?
Coidar con buen trato
...
A nova campaña de Cruz Vermella para sensibilizar á sociedade en relación coas persoas maiores, Ser MayorES, activouse o sábado 1 de outubro, o Día Internacional das Persoas de Idade.
Ser MayorEs trata de trasladar todos os valores e achegas que as persoas maiores seguen facendo...
A relación entre as persoas que coidan e as que son coidadas é na vida unha das máis estreitas relacións humanas. Esta relación pode volverse difícil xa que nas relacións baseadas principalmente en dar e recibir coidados pode xerarse unha dependencia por parte da persoa coidada cara á coidadora. A primeira necesita cubrir unha serie de necesidades que a persoa coidadora lle dispensa, necesidades que en por si non podería levar a cabo na súa vida cotiá por ter a súa capacidade funcional, física ou psíquica mermada, e é neste punto onde existe a posibilidade de que apareza a dependencia.
O día a día produce unha serie de rozamentos e tensións, por iso, o ambiente de respecto na relación pode verse alterado gravemente co cal hai que estar preparado e concienciado para afrontar estas situacións. Como persoas coidadoras, un dos indicadores relativamente sinxelos de detectar á hora de realizar un exercicio de autocrítica no noso labor, son as microviolencias. Consisten en pequenos hábitos, estratexias, costumes, respostas e accións que provocan no outro sentimentos de dor, rexeitamento e, a longo prazo, deterioración da saúde física e mental.
Unha relación de necesidade, en ocasións, transfórmase nunha relación de poder e control, a cal dexenera a sa relación natural que sería desexable entre persoa coidadora e coidada, aínda mais grave é o carácter silencioso e reiterado destas microviolencias, silenciadas polo contexto no que se desatan (a intimidade da relación, o fogar, etc...), e sobre todo e especialmente perigoso é o carácter naturalizado destas prácticas unha vez que se lexitimaron, é dicir, ven como correctas e xustas practicándose con normalidade.
Cruz Vermella leva a cabo acciones de sensibilización como a posta en marcha da campaña ‘Aínda que non o saibas, tamén é mal trato’, coa que se pon o foco naqueles comportamentos e actitudes que supoñen un atentado contra a dignidade e os dereitos das persoas maiores. Con esta iniciativa convídase á reflexión da poboación e promóvese un marco de convivencia positivo cara ás persoas maiores, así como poñer en valor o rol que cumpren na nosa sociedade e todo o que achegan. Dentro da campaña, Cruz Vermella creou un decálogo con pautas e consellos para promover o bo trato ás persoas maiores.
Se queres coñecer máis sobre o bo trato ás persoas maiores, accede a https://www2.cruzroja.es/documents/5640665/13666798/Buen+trato+a+personas+mayores.pdf/dca23d30-318c-4c3f-096f-91a82a004d6b?version=1.0&t=1562841211399&download=true
Co noso post de hoxe, queremos facer visible unha realidade, da que poucas veces se fala: a violencia de xénero que sufren a mulleres maiores.
A violencia de xénero non se limita a grupos de idade nin a pertenza de ningún colectivos específico, senón que está presente en calquera, solo polo feito de ser muller. Sen embargo, en xeral, as campañas de sensibilización dos medios de comunicación poucas veces se ocupan deste colectivo. A realidade é que as mulleres maiores experimentan...
A mellor forma de loitar contra o maltrato é promover o bo trato. Segundo a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, o bo trato é universal, é o resultado do respecto aos dereitos, respecto á dignidade da persoa, consiste en establecer unha relación satisfactoria entre persoas,...
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Ler máis AceptarConfiguración de Cookies
Privacy & Cookies Policy
Resumo de privacidade
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fóra destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Con todo, a exclusión dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.