A violencia sutil e silenciosa nas relacións como persoa coidadora

A violencia sutil e silenciosa nas relacións como persoa coidadora

A relación entre as persoas que coidan e as que son coidadas é na vida unha das máis estreitas relacións humanas. Esta relación pode volverse difícil xa que nas relacións baseadas principalmente en dar e recibir coidados pode xerarse unha dependencia por parte da persoa coidada cara á coidadora. A primeira necesita cubrir unha serie de necesidades que a persoa coidadora lle dispensa, necesidades que en por si non podería levar a cabo na súa vida cotiá por ter a súa capacidade funcional, física ou psíquica mermada, e é neste punto onde existe a posibilidade de que apareza a dependencia.

O día a día produce unha serie de rozamentos e tensións, por iso, o ambiente de respecto na relación pode verse alterado gravemente co cal hai que estar preparado e concienciado para afrontar estas situacións. Como persoas coidadoras, un dos indicadores relativamente sinxelos de detectar á hora de realizar un exercicio  de autocrítica no noso labor, son as microviolencias. Consisten en pequenos hábitos, estratexias, costumes, respostas e accións que provocan no outro sentimentos de dor, rexeitamento e, a longo prazo, deterioración da saúde física e mental.

Unha relación de necesidade, en ocasións, transfórmase nunha relación de poder e control, a cal dexenera a sa relación natural que sería desexable entre persoa coidadora e coidada, aínda mais grave é o carácter silencioso e reiterado destas microviolencias, silenciadas polo contexto no que se desatan (a intimidade da relación, o fogar, etc…), e sobre todo e especialmente perigoso é o carácter naturalizado destas prácticas unha vez que se lexitimaron, é dicir, ven como correctas e xustas practicándose con normalidade.

Cruz Vermella leva a cabo acciones de sensibilización como a posta en marcha da campaña ‘Aínda que non o saibas, tamén é mal trato’, coa que se pon o foco naqueles comportamentos e actitudes que supoñen un atentado contra a dignidade e os dereitos das persoas maiores. Con esta iniciativa convídase á reflexión da poboación e promóvese un marco de convivencia positivo cara ás persoas maiores, así como poñer en valor o rol que cumpren na nosa sociedade e todo o que achegan. Dentro da campaña, Cruz Vermella creou un decálogo con pautas e consellos para promover o bo trato ás persoas maiores. 

Se queres coñecer máis sobre o bo trato ás persoas maiores, accede a https://www2.cruzroja.es/documents/5640665/13666798/Buen+trato+a+personas+mayores.pdf/dca23d30-318c-4c3f-096f-91a82a004d6b?version=1.0&t=1562841211399&download=true

Re-edición da entrada publicada o 9 jul 2009 no portal SerCuidador con imaxes da actual campaña de Bo Trato de Cruz Vermella

https://www2.cruzroja.es/web/cruzroja/-/la-violencia-sutil-y-silenciosa-en-nuestras-relaciones-de-cuidadores-autocritica-contra-las-microviolencias-