A importancia do ocio nas persoas coidadoras familiares
Planifica unha actividade que che apeteza moito!
As actividades de lecer son esenciais para as persoas coidadoras familiares de seres queridos con dependencia que viven na comunidade, con todo, estas persoas coidadoras tenden a non realizalas, o que pode ter un impacto negativo na súa saúde física e psicolóxica.
O Canal Senior, deseñado e xestionado pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS), contén unha serie de vídeos e cursos que poden resultarche de interés para mellorar o teu tempo de ocio, e polo tanto ser beneficioso para a túa saúde.
Hoxe presentámosche un curso, breve pero con contidos interesantes, para aprender a xestionar o teu tempo libre con actividades lúdicas. O primero é… planificalas!
Poderas velo cando mellor che conveña, e as veces que necesites. Xa sabes… consulta o vídeo e aprende a planificar as túas actividades!
??
Vídeo “Planifica unha actividade que che apetezca moito!”
“Se non o sabes, apréndeo!” é o lema de FEGAUS ao que nos sumamos neste portal dirixidos aos coidadores e coidadoras de Galicia