Consellos de fisioterapia para persoas coidadoras e profesionais da Xerontoloxía e Xeriatría

Consellos de fisioterapia para persoas coidadoras e profesionais da Xerontoloxía e Xeriatría

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia publicou en colaboración coa Xunta de Galicia o manual “Consellos de fisioterapia para coidadores e coidadoras profesionais de maiores e de persoas en situación de dependencia”.

O manual foi publicado no ano 2014, pero o seu obxectivo, favorecer a práctica ergonómica preventiva no sector da dependencia e do coidado dos/as maiores, sigue estando vixente.

Que podes atopar neste sinxelo manual?

  • Coñecementos básicos que, aplicados no traballo diario, farán que o/a coidador/a optimice os seus esforzos.
  • Coñecementos e ensinanzas prácticas de cara á formación e apoio ás persoas coidadoras no ámbito familiar.
  • Táboa de estiramentos e exercicios aconsellables para prepara a musculatura para o esforzo/sobreesforzo que esixen as tarefas de mobilización e transferencia das persoas con dependencia.

Queremos pois compartilo mediante esta canle de comunicación e difusión, apostando por mellorar o benestar das persoas que de maneira profesional ou famliar se adican ao coidado de persoas con dependencia.

MANUAL