Cruz Vermella en Galicia, como prestador do servizo público de teleasistencia da Xunta de Galicia, está comprometido co obxectivo da Consellería de Política Social: conseguir que a calidade da teleasistencia que disfrutan os nosos maiores sexa a mellor posible, grazas á mellor tecnoloxía e tamén á mellor atención persoal.
Por iso dende fináis de 2020 estamos a ofrecer un conxunto de novas prestacións que permitan que, en adiante, a maior parte dos servizos dispoñibles para os nosos usuarios e usuarias sexan de TELEASISTENCIA AVANZADA, servizos que describimos de seguido.
A teleasistencia avanzada é aquela que inclúe, ademáis dos servizos da teleasistencia básica, apoios tecnolóxicos complementarios dentro e/ou fora do domicilio, así como a conexión con servicios e profesionais do sistema sanitario e social, desenrolando procesos e protocolos de actuación en función da situación de necesidade de atención detectada.
Os órganos de valoración de dependencia de Xunta de Galicia valorarán cál das 3 modalidades posibles de teleasistencia avanzada se adapta mellor as necesidades da persoa en situación de dependencia:
A) PROTECCIÓN INTEGRAL NO FOGAR (PIF)
- Perfil da persoa beneficiaria: persoa que ten capacidade cognitiva plena, pero pouco apoio dun coidador o vive soa, e que non ten capacidade mínima de utilizar dispositivos electrónicos avanzados.
- Para este caso, a teleasistencia convencional completase co emprego do fogar de dispositivos sensores que melloren a súa seguridade no fogar, e especialmente con prestacións de tipo social:
- Programa especial de atención a persoas coidadoras accesible en www.coidamos.gal
- Protocolos no Centro de atención para a detección precoz do deterioro cognitivo e intervención dun equipo de atención psicosocial.
- Programa de atención psicosocial, con dedicación especial ás persoas que vivan en soidade non deseada.
B) TELEASISTENCIA MÓBIL CON XEOLOCALIZACIÓN (TMX)
- Perfil da persoa beneficiaria: Persoas que salen habitualmente soas á rúa ou espazos exteriores e teñen unha competencia mínima para empregar un dispositivo normalizado (un móbil tipo smartphone ou un reloxio ou pulseira). Resulta especialmente importante o feito de ter competencias necesarias para o emprego de estos dispositivos, porque a persoa usuaria debe comprender o mecanismo de activación da alerta -pulsación en pantalla táctil, p.ex.- e sobre todo a necesidade de carga diaria para o seu funcionamento efectivo.
- Para este caso a teleasistencia convencional compleméntase coa posibilidade de levar un dispositivo portátil, que será o mais axeitado á vontade e os coñecementos da persoa: no seu propio dispositivo móbil si é compatible, ou nun móvil ou reloxio/pulxeira con pulsación de emerxencia.
- Para este caso, tamén se disporá de prestacións de tipo social:
- Programa especial de atención a persoas coidadoras accesible en www.coidamos.gal
- Protocolos no Centro de atención para a detección precoz do deterioro cognitivo e intervención dun equipo de atención psicosocial.
C) TELELOCALIZACIÓN DE PERSOAS CON DETERIORO COGNITIVO (TPDT)
- Perfil da persoa beneficiaria: Persoas que se atopan nuha situación de deterioro cognitivo diagnosticada en estadios que lle permitan sair á rua ou nas proximidades do seu domicilio sen supervisión.
- Para este caso, empregarase a teleasistencia básica na forma mais axeitada segundo o perfil da persoa beneficiaria, tratando de que en calqueira caso sexa un nexo de atención inmediata ás persoas coidadoras dende o Centro de atención.
- O sistema descansa sobre un dispositivo móvil, que cando as condicións técnicas o permitan será un reloxio especialmente adicado e con prestacións específicas (funcionalidade táctil limitada, peche de seguridade da correa…) que permite a localización a demanda polo Centro de atención ou que xenera unha alarma cando sae dunha zona marcada como “segura”.
Se os equipos valoradores consideran que non é aplicable ningunha destas modalidades, pode prescribirse a:
TELEASISTENCIA BÁSICA
É un servizo que facilita a asistencia ás persoas beneficiarias mediante o uso de tecnoloxías da comunicación e da información, co apoio dos medios persoais necesarios, en resposta inmediata ante situación de emerxencia, ou de inseguridade, soidade e aillamento.
Lévase a cabo a través da instalación dun terminal na vivenda da persoa beneficiaria, conectado a unha central receptora, coa que se comunica en caso de urxencia mediante a activación dun pulsador.
A teleasistencia pode ser un servizo independente ou complementario ao de axuda a domicilio.
A solicitude pode tramitarse nos servizos sociais do Concello de residencia ou no Centro de Saúde. Podes consultar as bases no apartado de documentación de esta páxina web.