Publicado 07 May 2021
en
Alzheimer
... un recente estudo publicado na revista
Nature Medicine mostrou que hai
4 tipos de enfermidade de Alzheimer con diferentes síntomas e prognósticos?
A
propagación de tau, proteína tóxica, na cortiza cerebral é un marcador crave da enfermidade de Alzheimer. Durante os últimos 30 anos, moitas persoas investigadoras describiron o desenvolvemento da patoloxía tau na enfermidade de Alzheimer utilizando un só modelo, a pesar dos casos recorrentes que non se axustan a ese modelo. Os achados actuais explican por que diferentes pacientes poden desenvolver diferentes síntomas, e poden brindar ás persoas con esta patoloxía métodos de tratamento máis individualizados no futuro.
Utilizando
tomografías de emisión de positrones de tau en 1.612 persoas con esta doenza, identificaron 4 traxectorias espazo-temporais distintas da patoloxía tau, cuxa prevalencia oscila entre o 18 e o 33%.
No tipo 1, o tau propágase principalmente dentro do lóbulo temporal e afecta principalmente á memoria. O tipo 2 esténdese ao resto da cortiza cerebral co que a persoa afectada ten menos problemas de memoria que na primeira variante pero maiores dificultades coas funcións executivas (capacidade de planificar e realizar unha acción). Na variante 3, a acumulación de tau ten lugar na cortiza visual polo que as persoas teñen dificultade para orientarse, distinguir formas e contornos, a distancia, o movemento e a localización dos obxectos en relación con outros obxectos. Por último, no tipo 4, tau propágase asimétricamente no hemisferio esquerdo e afecta principalmente a capacidade de linguaxe do individuo.
Coñeces a algunha persoa que sufra a enfermidade de Alzheimer? Que tipoloxía adáptase máis á esta persoa?