Queres detectar o Alzheimer inicial a través dun test online?

Queres detectar o Alzheimer inicial a través dun test online?

O test FACEmemory, diseñado por Ace Alzheimer Center Barcelona, entidade dedicada ao diagnóstico, tratamento e investigación do Alzheimer, é a primeira proba online de memoria episódica con recoñecemento de voz e táctil autoadministrada, isto é, que o usuario non require dun profesional para executala.

A reportaxe realizada por Geriatricarea sinala que o test FACEmemory é unha ferramenta de gran utilidade á hora de detectar déficits de memoria. A ferramenta, que foi validada cientificamente, comprobou que é eficaz na detección de déficits de memoria. A duración estipulada do test é de entre 30 e 40 minutos, e trátase dunha proba sinxela que non require preparación nin asistencia dun experto para realizala, xa que unha voz guía ao usuario durante todo o proceso, evitando desprazamentos aos centros médicos.

Se queres realizar o test ou coñeces a alguén a quen lle poida ser de interés, accede aquí.