Sabías que…

Sabías que…

… un recente estudo publicado na revista Nature Medicine mostrou que hai 4 tipos de enfermidade de Alzheimer con diferentes síntomas e prognósticos?

A propagación de tau, proteína tóxica, na cortiza cerebral é un marcador crave da enfermidade de Alzheimer. Durante os últimos 30 anos, moitas persoas investigadoras describiron o desenvolvemento da patoloxía tau na enfermidade de Alzheimer utilizando un só modelo, a pesar dos casos recorrentes que non se axustan a ese modelo. Os achados actuais explican por que diferentes pacientes poden desenvolver diferentes síntomas, e poden brindar ás persoas con esta patoloxía métodos de tratamento máis individualizados no futuro.

Utilizando tomografías de emisión de positrones de tau en 1.612 persoas con esta doenza, identificaron 4 traxectorias espazo-temporais distintas da patoloxía tau, cuxa prevalencia oscila entre o 18 e o 33%.

No tipo 1, o tau propágase principalmente dentro do lóbulo temporal e afecta principalmente á memoria. O tipo 2 esténdese ao resto da cortiza cerebral co que a persoa afectada ten menos problemas de memoria que na primeira variante pero maiores dificultades coas funcións executivas (capacidade de planificar e realizar unha acción).  Na variante 3, a acumulación de tau ten lugar na cortiza visual polo que as persoas teñen dificultade para orientarse, distinguir formas e contornos, a distancia, o movemento e a localización dos obxectos en relación con outros obxectos. Por último, no tipo 4, tau propágase asimétricamente no hemisferio esquerdo e afecta principalmente a capacidade de linguaxe do individuo.

Coñeces a algunha persoa que sufra a enfermidade de Alzheimer? Que tipoloxía adáptase máis á esta persoa? 

Vogel, J.W., Young, A.L., Oxtoby, N.P. et al. Four distinct trajectories of tau deposition identified in Alzheimer’s disease. Nat Med (2021). https://doi.org/10.1038/s41591-021-01309-6