Alzheimer: unha interesante aproximación á enfermidade

Alzheimer: unha interesante aproximación á enfermidade

Hoxe queremos compartir un interesante relato en relación coa enfermidade de Alzheimer, un tipo de demencia incluída nas enfermidades do sistema nervioso. Que fai particular este tipo de demencia?

Na seguinte ligazón falarase de xeneralidades existentes na orixe e evolución da enfermidade. Se ben é unha reportaxe de 2012, é interesante observar o feito de que ata fai pouco a Medicina só podía diagnosticar o Alzheimer cando o avance da enfermidade xa causara estragos no persoa doente e os síntomas eran evidentes. Con técnicas modernas de diagnóstico, hoxe é posible detectar o Alzheimer antes de que a persoa doente entre na fase de demencia.

A reportaxe que mostra as esperanzadoras perspectivas que abriu a investigación con métodos biolóxicos na loita contra a enfermidade. O neurólogo José Luis Molinuevo, da man de Eduard Punset, relata como, co uso de biomarcadores, detéctase a acumulación de proteínas Tau e beta-amiloide, de forma que se pode notificar a enfermidade á persoa que a sofre ata cinco anos antes de que chegue á fase de demencia, posibilitando a súa participación na toma de decisións.

Prema na seguinte ligazón e descobre máis sobre a enfermidade de Alzheimer:

https://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-azote-del-alzheimer/1108625/