#SerMaiorÉOMáis

#SerMaiorÉOMáis

Coa campaña de sensibilización #SerMaiorÉOMáis Cruz Vermella quere transmitir o que as mulleres e homes maiores achegan á sociedade grazas aos seus anos de experiencia. Porque ser maior é moito máis que ter unha idade, é seguir contribuíndo e ensinándonos cada día.

A campaña enmárcase dentro do proxecto  “Sensibilización á sociedade sobre as persoas maiores” e elabórase para que poida dar soporte ás diferentes accións de sensibilización que se realizan a través das asembleas de Cruz Vermella.

Que é #SerMaiorÉOMáis:

O valor da experiencia
Grazas ao coñecemento acumulado ao longo da vida, a sabedoría e a riqueza en valores que as mulleres e homes maiores achegan á sociedade é incalculable.

Un cambio de percepción
Conxuntamente podemos fomentar unha imaxe positiva da vellez: ser maior é moito máis que ter unha certa idade, é seguir sendo unha persoa activa e contribuír de maneira continua e significativa.

Para vellos os prexuízos
Eliminar a discriminación por idade é cousa de toda a sociedade, promovendo un trato igualitario e respectuoso cara ás persoas maiores.

A inclusividad non entende de idades
Traballemos para reducir os obstáculos e barreiras que afectan negativamente á calidade de vida das persoas maiores, creando unha comunidade máis xusta e respectuosa.

Todxs podemos ensinar e aprender
As mulleres e homes maiores seguen podendo aprender novas habilidades e coñecementos e, á súa vez, ofrecer os seus consellos ás xeracións actuais e futuras.

Por un envellecemento activo
As persoas maiores desempeñan un papel vital na comunidade: de toda a sociedade depende garantir a súa participación coidando a súa saúde e seguridade.