Ser MayorEs, a nova campaña de sensibilización á sociedade sobre persoas maiores

Ser MayorEs, a nova campaña de sensibilización á sociedade sobre persoas maiores

A nova campaña de Cruz Vermella para sensibilizar á sociedade en relación coas persoas maiores, Ser MayorES, activouse o sábado 1 de outubro, o Día Internacional das Persoas de Idade.

Ser MayorEs trata de trasladar todos os valores e achegas que as persoas maiores seguen facendo á sociedade. Tenta sensibilizar e mobilizar a todas as persoas para que entendan que, a expresión correcta non é “a pesar dos anos”, senón que a máis adecuada é “grazas aos anos de experiencia“.

Que queremos lograr?

Non discriminación

Desde Cruz Vermella fomentamos un cambio na sociedade sobre a maneira de pensar, sentir e actuar con respecto á idade e o envellecemento. Queremos mellorar o trato cara ás persoas maiores, sen discriminación pola súa idade, fomentando as súas capacidades e axudando a entender todo o que poden achegar ás xeracións presentes e futuras.

Contornas inclusivas

A campaña apunta á promoción dunha sociedade máis inclusiva para que se mobilice na loita contra a vulnerabilidade. Traballamos cunha intención transformadora, co fin de remover os obstáculos e barreiras que condicionan a calidade de vida das persoas maiores e o modo en que convivimos como comunidade. Contempla a intervención sobre os factores que nos rodean para proporcionar un contexto que favoreza un modelo de sociedade máis respectuosa e xusta, asegurando a participación en igualdade de oportunidades para todas as persoas.