Aínda que non o saibas… tamén son malos tratos
No Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Malos tratos na Vellez que se celebra hoxe, 15 de xuño, Cruz Vermella pon en marcha a campaña “Bo Trato ás persoas maiores: Promoción do trato adecuado e protección fronte aos malos tratos”
A entidade, no último ano realizou en toda España máis de 14.000 intervencións para a toma de conciencia desta problemática e o empoderamento de homes e mulleres maiores.
No marco da conmemoración do 15 de xuño, Cruz Vermella quere lembrar que as persoas maiores son de especial relevancia para a sociedade, que achegan experiencia, sabedoría, visión histórica, e son piar e nexo de unión de moitas familias. A pesar de iso, son obxecto de discriminación, abuso e malos tratos polo feito de ser maiores, e segundo a Organización Mundial da Saúde, 1 de cada 6 persoas sofren algún tipo de malos tratos asociados á idade, polo que é un problema de primeira magnitude na sociedade.
Os malos tratos non só abarca a agresión física, senón que vai desde a neglixencia ou omisión dos coidados que poden sufrir tanto pola súa contorna como por profesionais, ata o abandono, ou a creación dunha imaxe pexorativa que socialmente se ofrece en ocasións deste colectivo, froito do idadismo, as trabas na participación social, ou o infantilismo, entre outros.