Author: c01d4m0s_d3v_wp

O Multicanal SerCuidadorA reuniu varias infografías relacionadas coas boas prácticas no trato ás persoas maiores que se publicaron durante o ano 2021. En "Documentos" atoparás este recompilatorio, anímache a botarlle unha ollada e poñer en práctica os seus consellos ao longo deste 2022! https://coidamos.gal/documentacion/...

A Escola de Coidados de Cuidopía, con quenes colabora Cruz Vermella e o Multicanal SerCuidadorA publicou novos capítulos sobre os Autocoidados.  A nosa compañeira de Cruz Vermella, Deyana Mihaylova, colaborou nestes novos capítulos. Deyana é Psicóloga especialista en Xerontoloxía. Traballa en Cruz Vermella onde coordina o...

Na sección #Cuidajuego do Multicanal SerCuidadorA de Cruz Vermella proponnos pasatempos sinxelos sobre temas relacionados co coidado. Esperamos que vos gusten as propostas e axúdenvos a desconectar, aínda que sexa por un momento. Unha vez teñades as respostas, pulsade na imaxe para acceder á solución. https://www2.cruzroja.es/sercuidadora/cuidajuegos  ...

O xoves 16 de Decembro celebrouse un obradoiro teórico-práctico online denominado “ALI-MENTE, da alimentación á nutrición” organizado por Cruz Vermella en Galicia no marco da atención a persoas coidadoras. Impartiuno Estefanía Zardoya, médico de Atención Primaria e coach en nutrición. Participaron 40 persoas e tivo unha...

Nestas datas nas que ao calendario 2021 queda unha soa folla, é o momento de pensar en futuro: pensar en 2022. Para ese ano, desde o Multicanal SerCuidadorA deseñaron un calendario que reflicte, mes a mes, os dereitos das persoas coidadoras. Podedes descargalo en: https://coidamos.gal/documento/calendario-de-dereitos-das-persoas-coidadoras-2022/ Aproveitamos para desexarvos...

As persoas coidadoras non profesionais de persoas en situación de dependencia son aquelas (familiares ou amigos) que prestan a unha persoa con dependencia os apoios necesarios para satisfacer as súas necesidades básicas e aqueloutras necesidades derivadas da súa condición de dependencia. Coidar a unha persoa familiar...

Co galo da celebración do Día das Persoas Coidadoras, realizouse unha exposición online da píldora formativa para coidar a través das redes sociais del Servicio Multicanal SerCuidadorA #MiraQuienCuida #DiadelasPersonasCuidadoras Anímate a visualizalo premendo na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=s7lLd-LxgmI Esperemos que sexa de utilidade!!...

A semana do 5 de novembro celébrase o #DiadelasPersonasCuidadoras e desde Cruz Vermella queremos facer visible o labor das persoas coidadoras mediante a iniciativa #Miraquiencuida. Este ano 2021 dende a Multicanal SerCuidadorA incidimos en normalizar o seu labor porque #NoHacefaltaSerSuperHeroes para coidar.
Propoñémosvos ás persoas coidadoras que utilicedes estas imaxes nos vosos perfís de Whatsapp, Facebook, Twitter, Instagram... E que vos fagades fotos, vídeos, historias… coas imaxes e difundádelos nas redes sociais coa etiqueta #Miraquiencuida.
Máis do 16 por cento dos fogares españois vive con algunha persoa dependente (datos INE 2017), polo que coidar convértese nun labor fundamental para garantir unha vida digna a quen o necesita. Pero as persoas coidadoras non profesionais e o labor que realizan, queda moitas veces invisibilizada porque se realiza fundamentalmente no ámbito do domicilio privado e trátase dunha actividade non remunerada.
A idea é conseguir moitos Likes-Megusta/ RT e que as imaxes se compartan, pero este non é o obxectivo, senón lograr facer visibles ás persoas coidadoras e as súas moitas veces escondida labor e facelo desde unha mensaxe positiva e co orgullo de poder coidar desde a proximidade e o agarimo.