Máis do 16 por cento dos fogares españois vive con algunha persoa dependente (datos INE 2017), polo que coidar convértese nun labor fundamental para garantir unha vida digna a quen o necesita. Pero as persoas coidadoras non profesionais e o labor que realizan, queda moitas veces invisibilizada porque se realiza fundamentalmente no ámbito do domicilio privado e trátase dunha actividade non remunerada.
A idea é conseguir moitos Likes-Megusta/ RT e que as imaxes se compartan, pero este non é o obxectivo, senón lograr facer visibles ás persoas coidadoras e as súas moitas veces escondida labor e facelo desde unha mensaxe positiva e co orgullo de poder coidar desde a proximidade e o agarimo.