Obradoiro ALI-MENTE, da alimentación á nutrición

Obradoiro ALI-MENTE, da alimentación á nutrición

O xoves 16 de Decembro celebrouse un obradoiro teórico-práctico online denominado “ALI-MENTE, da alimentación á nutrición” organizado por Cruz Vermella en Galicia no marco da atención a persoas coidadoras.

Impartiuno Estefanía Zardoya, médico de Atención Primaria e coach en nutrición. Participaron 40 persoas e tivo unha duración dunha hora e media.

Os obxectivos principais foron:

  • Tomar consciencia sobre como é o proceso da nutrición: Do pensamento ao hábito. Pasar de vivir para comer a comer para vivir.
  • Ver a relación entre a alimentación e a enerxía vital.
  • Reflexionar sobre a avalancha de coñecemento en nutrición: Proporcionar puntos crave con evidencia científica.
  • Dar información actualizada sobre conceptos básicos: Macronutrientes. Micronutrientes. Anti nutrientes. Xaxún.
  • Poñer en valor a información que nos proporciona o corpo coas súas sensacións para estar máis saudables.
  • Axudar a integrar os coñecementos na nosa vida cotiá.

O obradoiro foi financiado pola Xunta de Galicia.