O futuro dos coidados de larga duración ante a crisis da COVID-19
A violenta irrupción da Covid-19 a escala mundial trastornou gran parte das bases estruturais que sustentan a maioría das sociedades modernas. En todas elas o grupo de poboación constituído polas persoas máis maiores e, sobre todo, aquelas que viven en situación de dependencia sufriron as consecuencias máis tráxicas desta enfermidade.
Estes sucesos visibilizaron un sistema de coidados fráxil, pouco adaptado ás necesidades actuais da poboación en situación de dependencia, tanto no modelo de apoios e atencións que ofrece como na súa adecuación ás preferencias e desexos das persoas que o utilizan.
Estamos, por tanto, ante un momento crítico para abordar un proceso de transformación no sistema de coidados e nos servizos/organizacións, que debe partir da definición dun modelo reitor da calidade da atención, acorde coa posición das persoas que precisan coidados, integrando elementos que, ademais de velar pola súa seguridade, permitan unha atención integral e poñan sempre ás persoas no centro da atención e na toma das decisións que lles atanguen.
Achegamos un dos capítulos do Informe España 2021, da Cátedra José María Martín Patino da Universidade de Comillas, que trata sobre “O Futuro dos coidados de longa duración” analizado por Mayte Sancho e Teresa Martínez. Podedes consultalo no seguinte enlace: