15 de Xuño: Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez

15 de Xuño: Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez

O Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Malos tratos na Vellez celébrase o 15 de xuño de cada ano, unha data oficial da Organización de Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar e denunciar os malos tratos, abuso e sufrimentos aos cales son sometidos moitos anciáns e anciás en distintas partes do mundo.

As desigualdades globais significan que, xa antes da Covid-19, ata a metade das persoas maiores nalgúns países en desenvolvemento non tiñan acceso aos servizos de saúde esenciais. A pandemia tamén pode conducir a unha redución dos servizos críticos non relacionados coa Covid-19, o que aumenta aínda máis os riscos para a vida das persoas maiores.

“Ningunha persoa, nova ou vella, é prescindible”, dixo o secretario xeral de ONU, António Guterres, nunha mensaxe de vídeo para presentar un informe de política sobre as persoas de idade o mes pasado. O impacto na saúde e os servizos de atención a longo prazo para as persoas maiores debe recoñecer e enfrontar os desafíos particulares aos que ven expostos, incluída a súa capacidade para acceder a tratamento e atención médica. “As persoas de idade teñen os mesmos dereitos á vida e á saúde que todos as demais”, subliñou o xefe da ONU.

No Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez, queremos compartir unha infografía moi interesante deseñada dende a Multicanle SerCuidadorA de Cruz Vermella (https://www2.cruzroja.es/-/sercuidadora-buen-trato)

Ademais podédemos sumar á iniciativa de SerCuidadorA utilizando as etiquetas #BuenTrato65 y #NoSonNuestrosMayores, nas publicacións que fagades con motivo deste Día Mundial.