Celebrando o Día dos Avós e Avoas

Celebrando o Día dos Avós e Avoas

Dende Cruz Vermella e a nosa web Coidamos queremos unirnos hoxe 26 de Xullo á celebración do Día dos Avós e Avoas como día conmemorativo dedicado ás persoas maiores dentro da familia, que complementa ao Día da Nai e ao Día do Pai. Esta xornada celébrase só nalgúns países, con diferenzas na denominación, motivación e data. Adicionalmente, a ONU promove a celebración a nivel internacional dunha xornada que lembra ás persoas maiores en xeral: o Día Internacional das Persoas de Idade, o 1 de outubro.

As avoas e os avós desempeñan un papel crave en moitas familias, son piares fundamentais na educación e coidado dos seus netos e netas. Desde Cruz Vermella apoiámoslles a través dun proxecto específico e proporcionámoslles ferramentas e recursos para xestionar mellor o día a día cos máis pequenos e pequenas.

Avós e Avoas Educadores é o nome deste proxecto que seguiu funcionando durante os meses de pandemia, aínda que o fixo dunha maneira diferente á habitual. As actividades reconvertéronse e leváronse á contorna virtual e así é como se desenvolveron tanto as sesións individuais como as dos grupos de axuda mutua (GAM). Aos poucos estase recuperando a  presencialidad nas actividades, cousa que as e os participantes viven con ilusión. Este proxecto está financiado pola Xunta de Galicia a través de fondos IRPF, e púxose en marcha no ano 2016.

Se queres coñecer máis sobre o proxecto, preme na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=BuUccl0AtN4&t=2s

Pero non só traballamos con avós e avoas neste proxecto! Na nosa entidade son moitas as actividades intergeneracionales que realizamos para mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas maiores e novas. Contámosvos un exemplo no seguinte post!

https://zonacreo.com/alejandro-maria-antonia-y-alejandra-3-historias-de-vida-unidas-por-la-bonita-iniciativa-aprendices-de-sabias/