AXUDAS de Respiro Familiar para persoas coidadoras

AXUDAS de Respiro Familiar para persoas coidadoras

A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG a orde pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras, para o ano 2021.

En resumo, estas axudas están dirixidas a persoas coidadoras residentes en Galicia e que atendan a a persoas con discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria (discapacidad recoñecida en grao igual ou superior ao 75 %), con unha situación de dependencia recoñecida polo organismo competente no grao II ou III, ou se non cumpre un dos requisitos anteriores, a persoa coidada teña necesidade de terceiras persoas para as actividades da vida diaria acreditada mediante informe médico e social.

As axudas, de tipo económico, poderán acollerse a dúas modalidades:

  1. Modalidade Respiro no fogar, con unha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender a necesidade puntuais nos supostos convenientemente acreditados.
  2. Modalidade de Respiro en residencia. A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados.

O prazo para a presentación de solicitude hoxe, 11 de xuño, e finalizará o 30 de setembro de 2021.

Non dubides en consultar a orde no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210610/AnuncioG0425-270521-0001_gl.pdf

O programa de respiro busca dar resposta ao descanso do coidado familiar para poder descargar ás persoas coidadoras en momentos nos que é necesario que se tomen un respiro ou necesiten conciliar partes da súa vida laboral, familiar ou social co coidado do seu familiar.

Se es unha persoa coidadora, recorda a importancia de coidarte para garantir un bo coidado á persoa con dependencia!