Sin categoría

As persoas coidadoras non profesionais de persoas en situación de dependencia son aquelas (familiares ou amigos) que prestan a unha persoa con dependencia os apoios necesarios para satisfacer as súas necesidades básicas e aqueloutras necesidades derivadas da súa condición de dependencia. Coidar a unha persoa familiar...

Co galo da celebración do Día das Persoas Coidadoras, realizouse unha exposición online da píldora formativa para coidar a través das redes sociais del Servicio Multicanal SerCuidadorA #MiraQuienCuida #DiadelasPersonasCuidadoras Anímate a visualizalo premendo na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=s7lLd-LxgmI Esperemos que sexa de utilidade!!...

A semana do 5 de novembro celébrase o #DiadelasPersonasCuidadoras e desde Cruz Vermella queremos facer visible o labor das persoas coidadoras mediante a iniciativa #Miraquiencuida. Este ano 2021 dende a Multicanal SerCuidadorA incidimos en normalizar o seu labor porque #NoHacefaltaSerSuperHeroes para coidar.
Propoñémosvos ás persoas coidadoras que utilicedes estas imaxes nos vosos perfís de Whatsapp, Facebook, Twitter, Instagram... E que vos fagades fotos, vídeos, historias… coas imaxes e difundádelos nas redes sociais coa etiqueta #Miraquiencuida.
Máis do 16 por cento dos fogares españois vive con algunha persoa dependente (datos INE 2017), polo que coidar convértese nun labor fundamental para garantir unha vida digna a quen o necesita. Pero as persoas coidadoras non profesionais e o labor que realizan, queda moitas veces invisibilizada porque se realiza fundamentalmente no ámbito do domicilio privado e trátase dunha actividade non remunerada.
A idea é conseguir moitos Likes-Megusta/ RT e que as imaxes se compartan, pero este non é o obxectivo, senón lograr facer visibles ás persoas coidadoras e as súas moitas veces escondida labor e facelo desde unha mensaxe positiva e co orgullo de poder coidar desde a proximidade e o agarimo.

O diagnóstico dunha enfermidade crónica é un momento complicado na vida de calquera paciente. Co envellecemento progresivo da poboación, atopámonos con cifras cada vez máis elevadas de persoas que ven obrigadas a convivir cunha doenza deste tipo. Tanto é así, que segundo datos de Thyssenkrupp...

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), as caídas son a segunda causa mundial de morte por traumatismos involuntarios. Calcúlase que anualmente falecen en todo o mundo unhas 684 000 persoas debido a caídas e que máis dun 80% delas rexístranse en países de ingresos...

Dende Cruz Vermella e a nosa web Coidamos queremos unirnos hoxe 26 de Xullo á celebración do Día dos Avós e Avoas como día conmemorativo dedicado ás persoas maiores dentro da familia, que complementa ao Día da Nai e ao Día do Pai. Esta xornada...

A época estival pode ser perigosa particularmente para as persoas maiores ou persoas con dependencia xa que son especialmente vulnerables aos efectos da calor. Durante o verán, os adultos maiores corren un maior risco de padecer enfermidades relacionadas coa calor, como o esgotamento por calor e a insolación, unha afección potencialmente mortal. Afortunadamente, seguindo unhas sinxelas precaucións e coñecendo os riscos asociados á calor e ás persoas maiores, a protección frente ao calor é doada. Cales son os síntomas do golpe de calor? Sudoración intensa, pel pálida, fría e húmida, cambras musculares, pulso rápido e debilitado, fatiga, náuseas ou vómitos, dor de cabeza e desmaio.