Consellos para persoas coidadoras

Un recente estudo publicado en Xaneiro de 2022 no xornal científico European Journal of Ageing (Atoyebi et al., 2022) analiza e sintetiza as necesidades identificadas polas persoas coidadoras familiares. Realizouse unha revisión sistemática de revisións sistemáticas utilizando a guía AMSTAR. En total, identificáronse 20 necesidades principais...

Cóntanse por miles as persoas que coidan a outras no noso país. Habitualmente, as coidadoras, adoitan ser familiares de persoas maiores con dependencia. Pero… quen coida a quen coida? .Neste episodio de ‘AHORA: La actualidad de Cruz Roja’ poñemos o foco nas accións que Cruz Vermella realiza...

A figura das persoas coidadoras familiares defínese como "unha persoa non profesional que proporciona asistencia primaria nas actividades da vida diaria, xa sexa en parte ou na súa totalidade, cara a unha persoa dependente do seu círculo máis próximo". O coidado dunha persoa con dependencia implica cambios e a asunción de novas responsabilidades por parte de quen coida, o que cambia a súa vida de forma significativa. Teñen que enfrontarse a actividades da vida diaria que antes non tiñan que facer, por exemplo. Así, moitos aspectos da saúde física e mental das persoas coidadoras, así como a súa vida social e familiar, vense afectados negativamente polo seu papel no coidado, causándolles problemas de saúde física, de relación, de benestar persoal e económicos. Como sinalan Ducharme et al. (2011), a etapa inicial do coidado é a peor, especialmente cando o familiar se volveu repentinamente dependente. Ademais, Moral-Fernández et al. (2018) realizaron un estudo cuxo obxectivo foi explorar as experiencias iniciais, durante o primero ano de coidados, das persoas que se convirten repentinamente en persoas coidadoras familiares de persoas con 65 e máis anos e con dependencia. A principal achega deste estudo é a identificación do proceso caracterizado a través das etapas de "asunción do rol", "inicio da toma de conciencia" e "aplicación de estratexias". Na etapa inicial do coidado dun familiar con dependencia, é habitual que a persoa coidadora experimente cambios que afectan á maioría dos aspectos da súa vida, como as responsabilidades que asume e as actividades que debe realizar unha vez que se converte en persoa coidadora. Ao ter que realizar todas as actividades e cubrir todas as necesidades que o enfermo non pode facer en por si, prodúcese un aumento das súas propias necesidades provocado pola nova situación á que ten que facer fronte en relación co seu papel. Todo iso comporta unhas consecuencias para a persoa, que adoitan ser emocionais, familiares e sociais. Finalmente, a persoa que coida dunha persoa maior que pasa a ser dependente de forma repentina busca estratexias para normalizar a súa situación e reducir a tensión. Se este é o teu caso, non dubides en botarlle unha ollada a esta infografía interactiva do Multicanal SerCuidadorA de Cruz Vermella. Amosámosche unha serie de consellos para comenzar coas tarefas do coidado na familia. SerCuidadora é un espazo ao servizo da persoa coidadora non profesional con multitude de contidos e canles de acceso. Queres saber máis? Conecta con SerCuidadorA

Mariví coida ao seu pai. As persoas coidadoras non profesionais e o labor que realizan queda moitas veces invisibilizada porque se realiza fundamentalmente no ámbito do domicilio privado e trátase dunha actividade non remunerada. Podes premer na seguinte ligazón para escoitar a testemuña de Mariví! https://www.youtube.com/watch?v=ye2O8ZKNItM...