Día Mundial da Saúde: a importancia de manter unha alimentación saudable

Día Mundial da Saúde: a importancia de manter unha alimentación saudable

A nosa saúde está determinada polas condicións nas que nacemos, crecemos e vivimos. Entre as condicións que fan posible vivir con saúde atópanse o acceso ao auga segura, condicións adecuadas de vivenda, alimentación e traballo seguro e saudable, educación xeral e formación básica en saúde, equidade e igualdade de oportunidades. Todas estas condicións son coñecidas como os determinantes sociais da saúde.

O 7 de Abril celébrase o Día Mundial da Saúde, unha razón máis que suficiente para difundir a campaña da Organización Mundial da Saúde “Construíndo un mundo máis xusto e saudable” e contribuír a que as persoas, sobre todo aquelas máis vulnerables, gocen dun bo estado de saúde reducindo as situacións de desigualdade.

 

Desde Cruz Vermella destacamos a importancia de manter unha alimentación saudable, moi importante para as persoas maiores con dependenci. Pero tamén para as persoas coidadoras familiares xa que, a miúdo, postergan cousas importantes como ter boa nutrición e durmir o suficiente. Moitas persoas coidadoras adoitan sentirse desbordadas e cansas e non se toman o tempo suficiente para comer ben. Sen embargo, unha boa maneira de aumentar os niveis de enerxía para afrontar as responsabilidades diarias é alimentarse de forma equilibrada.

Os beneficios para a saúde fan que o esforzo valla a pena.

Por este motivo, queremos compartir contigo un libro de receitas saudables e sinxelas para axudarche a ter un estilo de vida san.

Se queres coñecer o noso recetario, preme na seguinte ligazón:

https://www2.cruzroja.es/documents/5640665/13624883/Recetas+Alimentaci%C3%B3n+Saludable+Cruz+Roja.pdf/