Escala de apoio social percibido (MSPSS) para persoas cuidadoras de persoas con demencia

Escala de apoio social percibido (MSPSS) para persoas cuidadoras de persoas con demencia

A prestixiosa revista científica Aging & Mental Health publicou recentemente un interesante estudo relacionado co apoio social (AS) das persoas coidadoras. Segundo Tardy (1985) o AS é un constructo multidimensional conformado por unha dirección (AS dado e recibido), disposición (AS dispoñible ou executado), descrición/avaliación (percepción do apoio social da persoa receptora e da proveedora), contido (emocional, instrumental, informativo e avaliativo) e rede social (familia, amistades, etc.).

O estudo foi titulado “Validation of the multidimensional scale of perceived social support (MSPSS) for family caregivers of people with dementia” [Validación da escala multidimensional de apoio social percibido (MSPSS) para persoas coidadoras familiares de persoas con demencia]. A MSPSS é unha medida de percepción de adecuación do apoio social. Aínda que se trata dunha área de investigación importante para as persoas coidadoras familiares de persoas con demencia, non está claro si a MSPSS conserva as súas propiedades psicométricas cando se utiliza con esta poboación. O obxectivo do estudo foi levar a cabo unha análise psicométrica en profundidade do MSPSS para asegurar que segue sendo unha medida psicométricamente robusta para esta poboación.

Anna V. Cartwright e os seus colaboradores concluíron despois dun estudo con 270 persoas, e 58 como mostra de test-retest, que o MSPSS ten propiedades psicométricas robustas cando se utiliza con persoas coidadoras familiares de persoas con demencia e pode ser recomendado para o seu uso con esta poboación. Sen embargo, requírese máis investigación para establecer a capacidade de resposta e determinar a validez transcultural.

Eres una persoa coidadora e familiar dunha persoa con demencia? podes  evaluar o teu apoyo social percibido a través da escala MSPSS traducida ao español. Poderás atopala en Documentos da nosa web Coidamos.gal e recorda que na MSPSS un maior puntaxe, significa un maior apoio social percibido.

https://coidamos.gal/wp-content/uploads/2022/01/0211-5735-raen-37-132-0415-paginas-16.pdf