Perspectivas de apoio e coidados para a mellora da calidade de vida das persoas maiores
O pasado xullo a Cátedra Cruz Roja USC para a mellora da calidade de vida en persoas maiores organizou en Lugo o curso “Perspectivas de apoio e coidados para a mellora da calidade de vida das persoas maiores” que forma parte das actividades programadas pola Cátedra dirixidas a promover o interese e a formación en ámbitos relacionados coa calidade de vida en persoas maiores, en particular, en de o impacto dos apoios e coidados dirixidos ás persoas maiores tanto no contexto comunitario como institucional.
As temáticas propostas permitiron analizar de modo crítico os apoios sociais e os coidados tanto sanitarios como socio-sanitarios orientados ás persoas maiores e propoñer políticas ou accións de mellora nun contexto social de complexidade e tecnologización crecente.
A valoración tanto das persoas profesionais que participaron nas xornadas como do alumnado participante foi moi positiva. E proba diso é a avaliación final das persoas asistentes, cun 4,7 sobre 5 no que refire á satisfacción xeral co contido do curso, os temas abordados e as intervencións profesionais realizadas.
O equipo da Cátedra Cruz Roja USC trasladounos a súa satisfacción no que ao alumnado se refire, xa que este participou activamente. Esto propiciou que as xornadas fosen moi produtivas para iniciar debates sobre os contidos presentados.
Deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica dos 4 días das xornadas en O Vello Cárcere: