Curso gratuito e on-line dirixido a persoas coidadoras de persoas maiores con dependencia

Curso gratuito e on-line dirixido a persoas coidadoras de persoas maiores con dependencia

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría presenta o CURSO GRATUITO ON-LINE, PARA PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS MAIORES EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, que permanecerá aberto dende a actualidade ata o 31 de decembro de 2023.

Organizado por compoñentes do Grupo de Traballo da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología para o estudo e seguimento da Lei de Dependencia, o obxectivo desta formación é facilitar unha ferramenta formativa e práctica que axude aos coidadores, prestando unha atención básica á persoa maior, garantindo a calidade e continuidade asistencial.

Con este curso se pretende axudar no coidado cotía, ofrecendo unha formación específica en habilidades para o coidado, e axudar a resolver de maneira clara e cunha ilustración sinxela, as dificultades que supoñan unha persoa maior.

A través dos seus 22 capítulos abórdanse temas como: Coidarse para coidar, e evitar a sobrecarga, fomentar a autonomía do familiar, coidar as posturas á hora das mobilizacións, estar atento á alimentación, ao aseo e hixiene desenvolver habilidades de comunicación, coñecer a medicación e como conservala, manexar as caídas, controlar o uso de suxeicións físicas, a importancia da prevención nas úlceras por presión, a repercusión da demencia na contorna familiar e no coidador, os coidados da persoa maior ante a Covid-19, estar informado acerca das medidas de apoio, os Servizos Sociais e a Lei de Dependencia, entre outros.

O ligazón para realizar este curso e: https://sgxx.org/es/formacion/

Máis información