Hixiene postural para as persoas coidadoras
Ás veces podemos atopar que o noso familiar ten dificultade ou precisa axuda para levantarse, sentar e mesmo hai que realizarlle cambios posturales na cama.
Algúns consellos son:
- Manter o corpo aliñado e que teña unha base de soporte ampla.
- Manter á persoa próxima ao corpo tanto ao levantala como ao movela.
- A altura da cama ha de permitir que a persoa coidadora poida mobilizar á persoa que coida sen dobrar as costas. Aproximadamente debe estar á altura da súa cadeira.
- Usar as mans e os brazos ao levantar ou mobilizar.
- Virar todo o corpo (pernas, cadeira e costas) ao cambiar a dirección do movemento, non só a cintura e costas.
- Ao estar de pé, colocar un pé máis adiantado que o outro.
- Traballar con movementos suaves e iguais.
- Fortalecer os músculos das zonas coas que máis traballa: abdome, costas, pernas e brazos.
- Seguridade no agarre: estar seguros que non se nos vai a soltar ou escurrir.
- Contar se é posible con axudas técnicas que poidan ser útiles e/ou pedir axuda a outras persoas.
- Non estar demasiado tempo na mesma postura.
- Explicar sempre os movementos que se van a realizar e pida a colaboración da persoa maior.
- Evitar o sobrepeso.
- Se sente dor ou molestia nas costas consulte co profesional sanitario correspondente.
(Fuente: SerCuidadorA)
Axudas para a mobilización
Existen medios mecánicos que poden permitir eliminar esforzos e facilitar o traballo. Para elixir o adecuado, hai que ter en conta as necesidades, a contorna, o gasto económico ou axudas, e o mantemento que precisa. Existen camas articuladas, sabas deslizantes, guindastres, deslizadoras, alzadores de WC, arnés, asas, etc.