Plan de Coidado: Evitar pensamentos erróneos

Plan de Coidado: Evitar pensamentos erróneos

Que son os pensamentos erróneos?
Cruz Vermella en “A dimensión emocional dos coidados: Guía básica para a xestión dos pensamentos erróneos” sinala que son aqueles pensamentos e sentimentos lesivos que non se corresponden coa realidade obxectiva da situación que os xera e que aparecen de forma constante ou obsesiva. Non sempre é fácil manter a actitude e predisposición que require lograr o éxito no coidado. A dureza da cotianidade de coidar pode levar á aparición de pensamentos e sentimentos erróneos. Son erróneos porque:
  • Non se corresponden necesariamente coa realidade obxectiva.
  • Provócannos un malestar desporporcionado.
  • Xogan en contra do benestar cotián dos coidadores e da súa propia saúde.
  • Dificultan realizar adecuadamente as tarefas propias dos coidados.
  • Dificultan a toma de decisións acertadas e a súa adecuada execución.
Ante a aparición destes pensamentos, debemos sempre:
  • Ser conscientes de que a maioría das veces non se corresponden coa realidade obxectiva da nosa situación. Boa mostra diso é que a maioría das persoas coidadoras experiméntaos independentemente das súas circunstancias.
  • Ter presente que as consecuencias de non atallar estes pensamentos poden ter importantes impactos na nosa cotiandade e na nosa saúde.
  • Coñecer, adoptar e aplicar medidas eficientes de autocuidado.
  • Facer uso de todos os recursos de apoio e axuda dispoñibles para coidarnos e para que o noso familiar sexa coidado.
Unha medida posible para atallar este tipo de pensamentos é a meditación. Esta consiste en respirar profundamente e concentrarse no momento presente. A meditación é unha forma de atención plena. Outras son o ioga, o tai chi e o qi gong.