Multicanle Te Acompaña, de Cruz Vermella

Multicanle Te Acompaña, de Cruz Vermella

Baixo o lema “A soidade non desexada é unha realidade silenciosa e dolorosa. Se a soidade dóeche, en #CruzRojaTeAcompaña podemos axudarche“, Cruz Roja crea unha multicanle dirixida a atender as situacións de soidade non desexada en calquera colectivo, e en toda España.

Te Acompaña é un servizo multicanle de información, orientación e acompañamento fronte á soidade non desexada.

Podes contactarnos por teléfono gratuito (900 444 111), por correo electrónico (teacompana@cruzroja.es) ou escrebernos mediante o Formulario Online Falamos? 

Ademais, podes colaborar fronte a soidade con nós!. Se a soidade tamén che doe, descubre como colaborar con Cruz Roja Te Acompaña para reducir a soidade e o illamento de quenes máis o necesitan.

  • Axúdanos a difundir: Comparte a información de Cruz Roja Te Acompaña, as campañas e os contidos nas túas redes sociais. Comparte o anuncio entre os teus contactos.
  • Actúa como radar de soidade. Aprende a identificar posibles situacións de soidade non desexada e comparte o servizo de Cruz Roja Te Acompaña con persoas que o poidan necesitar.
  • Colabora no voluntariado de Cruz Vermella Escríbenos a teacompana@cruzroja.es  e contámosche como podes axudar fronte á soidade non desexada ou accede á web de voluntariado.