Orientatech: o teu asesor de tecnoloxías sociais

Orientatech: o teu asesor de tecnoloxías sociais

A tecnoloxía pode, entre outras tarefas, facilitar o coidado de persoas con dependencia e mesmo contribuir postivamente na vida cotiás das persoas maiores en xeral.

A Fundación Tecnologías Sociales (TECSOS) inclúe entre os seus proxectos en curso ORIENTATECH.

Orientatech é un punto de encontro onde as persoas usuarias teñen acceso a análises detalladas desde o punto de vista técnico e social sobre produtos de tecnoloxía que resolven necesidades da sociedade. Este proxecto ten por obxecto o de contribuír a reducir as brechas no uso do TIC e a promoción do uso do TIC para superar a exclusión, e mellorar as oportunidades de emprego, a calidade de vida, a autonomía, a participación e a cohesión social.

O proxecto materialízase no portal web http://www.orientatech.es  que ten por meta converterse nun referente na comparación de produtos de tecnoloxía social valéndose da experiencia acumulada por TECSOS durante o desenvolvemento de numerosos proxectos nos últimos 20 anos.

A análise dos produtos publicado na web se leva a cabo por un equipo de enxeñeiros expertos na aplicación social da tecnoloxía e un grupo de persoas voluntarias e usuarias potenciais de estes produtos conforme uns criterios de proba previamente establecidos.

Coñece máis na súa páxina web, e se tes alguna cuestión non dubides en contactar con nos! Aproveita a tecnoloxía!