Acceso ao vehículo para persoas con dependencia e/ou discapacidade

Acceso ao vehículo para persoas con dependencia e/ou discapacidade

A mobilidade é un dereito de todas as persoas, e a posibilidade de poder utilizar un vehículo con todas as garantías de comodidade e seguridade por parte de usuarios con diferentes perfís de mobilidade, é un aspecto fundamental para manter unha mínima calidade de vida, autonomía e independencia.

O Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (Ceapat, Imserso) sinala que a norma UNE-NISO 9999. Produtos de apoio para persoas con discapacidade, establece unha clasificación e terminoloxía de produtos de apoio, producidos especialmente ou dispoñibles no mercado, para persoas con discapacidade.

 

En función das necesidades de accesibilidade de cada persoa, o acceso ao vehículo particular pódese realizar:

  • Coa propia cadeira de rodas, adaptando o vehículo para poder acceder a el con comodidade e seguridade.
  • Coa axuda de diferentes dispositivos que facilitan a transferencia ao asento orixinal do vehículo. Algunhas destas solucións pódese ver neste documento publicado polo Ceapat, “Produtos que facilitan o acceso ao vehículo” Acceso á descarga desde esta ligazón
  • Mediante a instalación no vehículo de asentos multifunción, solución que veremos a continuación

Se precisas máis información podes consultar no blog do Ceapat, ou mesmo na súa páxina web.