Programa de Respiro familiar para persoas coidadoras

Programa de Respiro familiar para persoas coidadoras

O luns 7 de Xaneiro publicáronse no DOG as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2022.

Esta convocatoria, no eido da mellora da conciliación das familias galegas, ten coma finalidade que estas dispoñan dun abanico máis amplo de posibilidades que dean resposta aos supostos de necesidades puntuais; deste xeito, ademais da modalidade Respiro en residencia, o programa de respiro familiar para persoas coidadoras subvencionará a prestación de servizos de atención
e coidado no propio domicilio da persoa en situación de dependencia ou con discapacidade, a través da modalidade Respiro no fogar.


Se queres obter máis información para presentar esta axuda, preme na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioG0425-200122-0001_es.pdf

Ou consulta o extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioG0425-200122-0002_es.pdf