Manual de Formación para Coidados no Contorno Familiar

Manual de Formación para Coidados no Contorno Familiar

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social (Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal-Unidade de Coordinación da Dependencia-, en colaboración coa Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia publicou fai uns anos un interesante manual, que segue moi vixente, e que  incide especialmente no coñecemento, o adestramento en habilidades e o desenvolvemento de actitudes adecuadas no coidado das persoas en situación de dependencia.

O manual está dirixido a coidadores/as non profesionais de persoas en situación de dependencia na comunidade galega. O obxectivo desta proposta é posibilitarlles ás persoas coidadoras o acceso, con carácter xeral, a un módulo de formación básico.

Se es unha persoa coidadora non profesional, neste manual poderás atopar información veraz sobre os seguintes temas:

    • Coidados no contorno familiar: o significado de coidar, características do coidado, etapas do proceso de coidar e pautas para promover a autonomía.
    • Como coidar: pauta para prestar os coidados, a hixiene persoal, a mobilidade, o vestido e a alimentación, a conduta e o seu control.
    • Coidar coidándose: a saúde da persoa coidadora. Abórdanse temas como a identificacion do malestar no proceso do coidado, búsqueda do benestar coidando e coidándose, aprender a resolver problemas e incrementar a autoestima.
    • O apoio social nas situacións de dependencia, a necesidade de pedir axuda, os dereitos e deberes da persoa que presta axuda, os servizos e prestacións do sistema para a autonomía, os produtos de apoio e adaptación funcional do fogar, coñecer para previr o abuso e a neglixencia e a protección legal da persoa en situación de dependencia.

 

Se quere acceder a dito manual, prema na seguinte ligazón ou consulte o manual na sección de Documentos desta web:

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/documents/11-0032.pdf