Influencia da pandemia COVID-19 nas redes de asistencia familiar en Europa

Influencia da pandemia COVID-19 nas redes de asistencia familiar en Europa

Un novo estudo con datos de SHARE-COVID19 investiga como as redes de coidados familiares víronse afectadas pola pandemia de COVID-19 e ofrece novas perspectivas sobre a situación dos coidados en toda Europa.

A Enquisa de Saúde, Envellecemento e Xubilación en Europa (The Survey  of Health, Ageing and Retirement in Europe, SHARE) é unha base de datos micro, lonxitudinal e multidisplinar sobre a saúde, o estado socioeconómico e as redes sociais e familiares de máis de 140,000 individuos (380,000 entrevistas aproximadamente) de 50 e máis anos en 27 países europeos (+Israel).

O estudo do Centro de Economía do Envellecemento de Múnic ( MEA), céntrase en como a pandemia inflúe na situación dos coidados familiares en toda Europa durante a primeira fase da pandemia, na primavera de 2020, para facer fronte aos retos das persoas coidadoras e as receptores de coidados. O estudo SHARE constata un aumento dos coidados dos fillos adultos aos pais, así como tensións na saúde mental destas persoas coidadoras:

  • Un de cada cinco persoas receptoras de coidados declarou ter dificultades para recibilos desde o inicio da pandemia.
  • Ademais, as persoas con dificultades para recibir coidados informaron de máis cancelacións de tratamentos médicos pola súa conta debido ao seu temor a unha infección por COVID-19 ao acudir á cita médica.
  • Unha de cada dúas persoas coidadoras parentales de máis de 50 anos informou dun aumento da prestación de coidados persoais aos seus proxenitores debido á COVID-19.
  • As persoas coidadoras parentales que aumentaron as súas actividades de coidados debido á COVID-19 sentiron dúas veces máis síntomas depresivos e de ansiedade que as que non aumentaron os coidados parentales.

Con respecto ás persoas coidadoras familiares, os resultados do estudo mostraron en primeiro lugar que COVID-19 tivo un impacto substancial nas redes privadas de coidados tanto das persoas coidadoras como das persoas coidadas. Durante a primeira fase da pandemia na primavera de 2020, a prestación de coidados persoais aos proxenitores fose do propio fogar aumentou fortemente en toda Europa, mentres que diminuíu no caso doutros familiares e non familiares, e en particular da infancia. Unha das razóns do aumento da necesidade de coidados por parte dos proxenitores foi a menor dispoñibilidade de servizos pagos e de apoio aos coidados debido ás medidas de saúde pública COVID-19 que tiveron que ser compensadas polo coidado familiar.

A experiencia derivada da situación sanitaria por COVID-19 é altamente cambiante, pero existe ademais un cambio de mentalidade na forma de ver a pandemia, que provoca que sexa máis difícil avaliar os resultados no contexto da primeira fase de COVID-19. Aínda que a situación actual é similar nalgúns aspectos, difire moito no que respecta a a percepción xeral da crise, así como á duración da epidemia, as medidas de control da epidemia de longa duración e as súas restricións.


Estudo completo dispoñible en: http://www.share-project.org/uploads/tx_sharepublications/SHARE_WP_59-2021__02.pdf