# 3 DE DICIEMBRE. DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

# 3 DE DICIEMBRE. DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, o día internacional das persoas con discapacidade, queremos dar visibilidade a este colectivo, de forma amplia, recordando os tipos de discapacidade existente (física, psiquica, sensorial, ..), e a súa diferenciación co termo de dependencia. Isto é: unha discapacidade non é sinónimo de dependencia, unha persoa con discapacidade pode mater a súa autonomía e non estar en situación de dependencia.

En termos xerais, as persoas con discapacidade atópanse en maior medida situacións discriminatorias que as persoas sin discapacidade.

Son moitas as situacións de discriminación que sofre este colectivo, e estas desigualdades se teñen intensificado nos últimos meses, derivados da crisis da pandemia COVID-19. Tal e como afirmou a Alta Comisionada das Nacións Unidas, “as persoas con discapacidade non so enfrentan maiores riscos polo COVID-19, senón que tamén se ven desproporcionadamente afectadas polas medidas de resposta, incluidos os confinamentos”. E como solución a isto, plantexa a importancia de abordar este doble risco, involucrando ás  persoas con discapacidade na resposta ao COVID-19 e adaptar os plans de acción para abordar as súas necesidades.

Dende a Cruz Vermella, apostamos por un modelo que fomente a súa autonomía persoal. Do mesmo xeito que co colectivo de persoas maiores, levamos a cabo proxectos e xestionamos servizos que, co apoio ou non de novas tecnoloxías, se dirixen a mellorar a calidade de vida e a atención das persoas con discapacidade. Infórmate na túa asamble de Cruz Vermella máis preto da túa casa de qué actividades podemos ofrecer.